Así é a campaña de verán 2025 do comercio local vilalbés

Así é a campaña de verán 2025 do comercio local vilalbés

Unha iniciativa levada a cabo pola Asociación de Empresarios de Vilalba pensada para dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade da clientela.

Este ano, a campaña vén cargada de sorpresas, coa distribución de 1.500 tote bags (bolsas de tea) entre os 50 comercios participantes. É así que a partir do 10 de xullo, calquera persoa que realice unha compra mínima de 10 euros nos establecementos adheridos recibirá unha destas bolsas promocionais, ata esgotar existencias.

Pero iso non é todo: unha das bolsas agocha un premio moi especial. Quen a atope —marcada cunha discreta X vermella nunha das asas— poderá gozar dunha experiencia nas Burbullas de Luzada. E por se non fora pouco…Realizarase un sorteo adicional nas redes sociais da asociación no que se poderá participar ata o día 18 de xuño, a resolución publicarase nas historias da asociación ese mesmo día. 

Algunhas empresas participantes tamén quixeron sumarse engadindo premios extra, como vales, descontos ou agasallos exclusivos, que estarán repartidos de forma aleatoria nas bolsas.

Unha campaña organizada pola Asociación de Empresarios de Vilalba, coa colaboración e cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Concellería de Comercio do Concello de Vilalba.

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +