A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña de verán «Marcho que teño que marchar» volveu demostrar o compromiso da veciñanza co comercio local. A iniciativa, organizada pola Asociación de Empresarios de Vilalba entre o 22 de xuño e o 5 de xullo, pechou cunha das mellores cifras de participación de todas as campañas promovidas pola entidade, alcanzando un total de 5.449 participacións.

Durante dúas semanas, centos de clientes escolleron realizar as súas compras nos establecementos asociados, apoiando o comercio de proximidade e entrando no sorteo de 1.000 euros en vales de compra, repartidos en dous premios de 500 euros cada un.

Tras a celebración do sorteo, as persoas agraciadas foron María Dolores Carballeira e Ana Ferreiro Lozano, que poderán gozar dos seus premios realizando compras nos comercios asociados á Asociación de Empresarios de Vilalba, facendo que estes 1.000 euros continúen xerando actividade económica na nosa vila.

Desde a Asociación queremos agradecer a extraordinaria resposta da clientela e a implicación dos establecementos participantes, que volveron facer posible o éxito dunha campaña pensada para dinamizar o comercio local durante o inicio da tempada estival.

O resultado do sorteo foi comunicado a través das redes sociais da Asociación e tamén no grupo de WhatsApp da Asociación de Empresarios de Vilalba, unha canle gratuíta aberta a toda a cidadanía na que se comparten campañas, promocións, novidades e actividades do comercio local.

Ademais, formar parte deste grupo ten premio, xa que todos os meses a Asociación realiza sorteos de vales de compra para gastar no comercio de Vilalba entre as persoas integrantes. Se aínda non formas parte del, este é un bo momento para unirte e non perder ningunha das próximas campañas e oportunidades.

A Asociación de Empresarios de Vilalba continúa traballando ao longo de todo o ano para impulsar o comercio local mediante campañas de dinamización que premian a fidelidade da clientela e contribúen a fortalecer o tecido comercial da nosa vila.

A campaña «Marcho que teño que marchar» estivo organizada pola Asociación de Empresarios de Vilalba e contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Vilalba.

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +