A Asociación de Empresarios de Vilalba informa de que xa se resolveron os sorteos da campaña Comercio na Rúa 2025. Os gañadores dos 4 vales de compra de 50 euros son os seguintes:
✅ MARTA PORTELA
✅ MARÍA ÁNGELES MONTES
✅ EVA GARCÍA MARTÍNEZ
✅ NATALIA FUENTES
En total, rexistráronse 2.134 participacións, o que demostra a gran acollida que tivo a iniciativa entre os veciños e veciñas de Vilalba. Dende a Asociación queremos destacar a nosa satisfacción pola elevada participación e agradecer a todos os clientes a súa implicación nesta campaña.
👉 Os vales poderán recollerse a partir do 02/09/2025 no local da Asociación de Empresarios de Vilalba, en horario de 09:30 a 15:30 horas, de luns a venres. O prazo para canxealos será ata o 30/09/2025.
Dende a Asociación seguimos traballando en novas propostas e adiantamos que moi pronto haberá novas campañas para seguir apoiando ao comercio local.
Grazas a todos por confiar e apostar polas tendas de Vilalba.







