Os comercios vilalbeses impulsan a súa innovación con máis de 60.000 € en axudas da Dirección Xeral de Comercio

Os comercios vilalbeses impulsan a súa innovación con máis de 60.000 € en axudas da Dirección Xeral de Comercio

Os comercios de Vilalba dan un importante paso cara á modernización e sostibilidade tras recibir máis de 60.000 euros en axudas da Xunta de Galicia, ao abeiro do programa CO300C – Impulso á Innovación e Sostibilidade do Comercio Local e Artesanal 2025.

En total, foron 13 os proxectos beneficiarios desta convocatoria, centrada en mellorar aspectos clave do tecido comercial vilalbés como a dixitalización, a eficiencia enerxética e a sostibilidade ambiental. A medida foi moi ben acollida pola Asociación de Empresarios de Vilalba, que cualificou esta resolución como «un avance importante para o noso comercio local».

Innovación, eficiencia e sostibilidade

Os investimentos permitidos pola subvención abranguen áreas como:

  • Dixitalización e innovación, con melloras en páxinas web, software de xestión, TPVs, sistemas de pago automático ou ferramentas de posicionamento dixital.
  • Modernización e eficiencia enerxética, con actuacións en iluminación, climatización eficiente, portas automáticas e renovación de locais.
  • Sostibilidade ambiental, mediante o uso de embalaxes reciclados e materiais vexetais.

Proceso participativo e formativo

A convocatoria foi presentada o pasado 10 de febreiro pola Dirección Xeral de Comercio nun encontro cos Centros Comerciais Abertos de Galicia. A partir de aí, a Asociación de Empresarios puxo en marcha varias iniciativas para facilitar o acceso ás axudas:

  • O 12 de febreiro, celebrouse un obradoiro dentro do programa #ConectaLugo, impulsado pola CEL e a Xunta.
  • O 20 de febreiro, tivo lugar unha charla informativa específica sobre a liña CO300C, coa colaboración das empresas Medrar e Reigosa Varela.

O prazo de solicitude estivo aberto do 26 de febreiro ao 26 de marzo, cun sistema de concesión por orde de entrada ata esgotar o orzamento dispoñible. Actualmente, os comercios seleccionados atópanse na fase de xustificación das actuacións.

Compromiso institucional e empresarial

Dende a Asociación de Empresarios de Vilalba subliñamos a importancia da colaboración entre administracións e tecido empresarial: «Este resultado demostra que, cando comercio e institucións traballan da man, Vilalba segue a consolidarse como referente en innovación, sostibilidade e modernización comercial».

A boa acollida da convocatoria e o éxito na tramitación das solicitudes fan prever que esta liña de axudas continúe nos vindeiros anos, consolidando así o posicionamento de Vilalba como un modelo de adaptación ás novas demandas do mercado.

Noticias Recomendadas

Vilalba celebra a terceira edición do Desfile do Comercio Local o 17 de outubro

Vilalba celebra a terceira edición do Desfile do Comercio Local o 17 de outubro

Leer +
Volta ao Cole co comercio de Vilalba: compras con premio e cunha vertente social

Volta ao Cole co comercio de Vilalba: compras con premio e cunha vertente social

Leer +
O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

Leer +
A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +