Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

A Asociación de Empresarios de Vilalba fai un balance moi positivo da Campaña de Nadal 2026, unha iniciativa posta en marcha co obxectivo de dinamizar o comercio local durante unhas datas clave e agradecer a fidelidade da veciñanza.

A campaña incluíu un sorteo en redes sociais dun vale de 100 euros, así como seis vales adicionais de 100 euros, repartidos en dúas fases ao longo das festas: unha no Día de Nadal e outra no Día de Reis, incentivando así as compras tanto antes como despois das celebracións principais.

Un dos datos máis destacados desta edición foi a alta participación, xa que se recolleron máis de 4.000 participacións nos establecementos asociados, unha cifra que confirma o compromiso da cidadanía co comercio de proximidade e a boa acollida da campaña entre a clientela.

Desde a Asociación queremos agradecer tanto ás persoas participantes como aos comercios implicados a súa colaboración e entusiasmo, que fixeron posible o éxito desta iniciativa e contribuíron a crear un ambiente comercial dinámico e atractivo durante todo o Nadal.

Tras este balance tan satisfactorio, desde a Asociación de Empresarios de Vilalba xa estamos a traballar nas vindeiras campañas de dinamización, coa vista posta na que, sen dúbida, é unha das nosas favoritas: a campaña de San Valentín, coa que seguiremos apostando polo comercio local e pola economía de proximidade.

Aquí deixamos a lista de gañadoras da primeira e segunda parte da campaña de nadal 2025: 

  1. NIEVES VILLANUEVA CAMPO
  2. LUCÍA MILLOR LÓPEZ
  3. ANAHÍ GONZÁLEZ GÓMEZ
  4. ÁNGELES BASANTA LÓPEZ
  5. ANA MARÍA GRAÑA GONZÁLEZ
  6. MARÍA RAMUDO GAYOSO

Noticias Recomendadas

Vilalba celebra a terceira edición do Desfile do Comercio Local o 17 de outubro

Vilalba celebra a terceira edición do Desfile do Comercio Local o 17 de outubro

Leer +
Volta ao Cole co comercio de Vilalba: compras con premio e cunha vertente social

Volta ao Cole co comercio de Vilalba: compras con premio e cunha vertente social

Leer +
O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

Leer +
A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +