A Xunta de Galicia convoca as Subvencións de apoio ao emprendemento 2026 (TR880A)

A Xunta de Galicia convoca as Subvencións de apoio ao emprendemento 2026 (TR880A)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia publicou unha nova convocatoria de subvencións de apoio ao emprendemento, dirixidas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas, co obxectivo de apoiar investimentos xa realizados e mellorar a competitividade dos negocios en Galicia.

Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva, polo que as solicitudes serán valoradas por puntos en función dos distintos criterios establecidos nas bases reguladoras, concedéndose por orde de puntuación ata o esgotamento do crédito dispoñible.

Prazo de solicitude

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de marzo de 2026.

Investimentos subvencionables

Os investimentos deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2025 e a data de presentación da solicitude. Entre os conceptos subvencionables inclúense, entre outros:

  • Equipamento informático (agás teléfonos móbiles)
  • Maquinaria, mobiliario e ferramentas
  • Programas informáticos, páxinas web e activos intanxibles
  • Reformas e acondicionamento do local de negocio (non vivenda habitual)
  • Investimentos en eficiencia enerxética
  • Gastos notariais e/ou rexistrais (ata 300 €)
  • Gastos de alugueiro do local (ata 1.500 €)

Importe e porcentaxes da axuda

O investimento mínimo subvencionable será de 5.000 € (IVE excluído). As porcentaxes de axuda serán as seguintes:

  • De 5.000 € a 20.000 € → 55 %
  • De 20.001 € a 30.000 € → 50 %
  • De 30.001 € a 60.000 € → 45 %
  • Incremento adicional do 10 % no caso de remuda de negocio (Bono Remuda)

Ligazóns de interese

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +