Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Desde a Asociación informamos da apertura da convocatoria de Axudas LEADER 2026, unha oportunidade especialmente interesante para financiar investimentos empresariais no medio rural.

Estas axudas están dirixidas a persoas autónomas, pemes e emprendedores que queiran poñer en marcha un novo proxecto empresarial ou realizar un investimento para mellorar, ampliar ou modernizar o seu negocio.

As axudas LEADER concédense en réxime de concorrencia competitiva, o que implica que os proxectos presentados serán valorados e ordenados segundo criterios obxectivos establecidos na convocatoria, concedéndose as axudas ata o esgotamento do orzamento dispoñible.

Porcentaxes de subvención
No caso de proxectos empresariais (produtivos), as porcentaxes de axuda adoitan situarse entre o 35 % e o 50 % do gasto subvencionable, en función do tipo de proxecto, o seu impacto e os criterios de valoración aplicables.

Investimentos subvencionables
Entre os gastos que habitualmente poden ser subvencionables nesta liña de axudas inclúense, a modo de exemplo:

  • Obras e reformas de locais
  • Maquinaria e equipamento novo
  • Actuacións de dixitalización, software e páxinas web
  • Estudos técnicos e plans de viabilidade
  • Licenzas, proxectos técnicos e gastos notariais
  • Vehículos afectos exclusivamente á actividade (cos límites establecidos nas bases)

Gastos non subvencionables
Non terán a consideración de gastos subvencionables, entre outros:

  • IVE recuperable
  • Gastos correntes ou de funcionamento
  • Mercadoría destinada á venda
  • Maquinaria de segunda man
  • Investimentos iniciados antes da presentación da solicitude, agás excepcións moi concretas previstas nas bases

Desde a Asociación animamos ás persoas interesadas que estean a valorar realizar un investimento proximamente a consultar se o seu proxecto pode encaixar no programa LEADER. Ofrecemos orientación inicial e apoio para o contacto co Grupo de Desenvolvemento Rural correspondente.

Para calquera dúbida ou para ampliar información, podedes poñervos en contacto coa Asociación.

Ligazón de interese:
https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=MR701L

Noticias Recomendadas

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

Leer +
A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

Leer +
 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai