A Asociación de Empresarios de Vilalba pon en marcha unha nova edición da campaña “Volta ao Cole”, unha iniciativa pensada para animar ás familias a realizar no comercio local as compras propias do inicio do curso escolar.
Roupa, calzado, material escolar e outros produtos e servizos necesarios para a volta ás aulas forman parte dun período especialmente importante para moitos establecementos da vila. Por iso, a campaña busca poñer en valor a variedade do comercio de Vilalba e premiar ás persoas que decidan facer aquí as súas compras.
Dous vales de 250 euros en xogo
Durante a campaña, as compras realizadas nos comercios participantes darán dereito a participacións para o sorteo de dous vales de compra de 250 euros cada un.
Os premios sortearanse no marco do desfile comercial previsto para mediados de outubro. Un dos sorteos realizarase de maneira presencial durante o propio desfile, mentres que o segundo se celebrará entre todas as participacións válidas recollidas durante a campaña.
Cada cinco papeletas, un euro para unha acción social
A campaña incorpora ademais unha vertente social moi especial.
Por cada cinco papeletas recollidas, a Asociación de Empresarios de Vilalba destinará 1 euro á compra de produtos elaborados polo Centro Ocupacional de Vilalba Terra Chá.
Isto significa que, cantas máis compras se realicen nos comercios participantes e máis papeletas se recollan, maior será tamén a colaboración coa entidade.
Os produtos adquiridos serán posteriormente agasallados á clientela durante a campaña de Nadal, facendo que esta iniciativa teña continuidade e que o apoio ao comercio local tamén se traduza nun retorno social para Vilalba.
Unha volta ao cole da man da nosa xente
Con esta campaña queremos que cada compra teña un valor engadido: participar no sorteo de dous vales de 250 euros, apoiar ao comercio de proximidade e contribuír, ao mesmo tempo, cunha entidade local.
Queremos que esta Volta ao Cole sexa da man da nosa xente.
A campaña está organizada pola Asociación de Empresarios de Vilalba e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Vilalba.






