A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

O pasado 27 de marzo, a Asociación de Empresarios de Vilalba celebrou a súa Asemblea Xeral no restaurante Montero, reunindo aos seus socios para facer balance do exercicio 2025 e presentar as liñas de actuación para o ano 2026.

Durante a sesión, a directiva expuxo as contas anuais, destacando un modelo de xestión consolidado nos últimos anos baseado en garantir que os ingresos fixos superen sempre os gastos fixos. Este enfoque permitiu avanzar cara a unha asociación independente, profesional e economicamente viable.

Neste sentido, a Asociación presentou uns ingresos arredor dos 120.000 euros fronte a uns gastos de aproximadamente 91.000 euros en 2025. Ademais, subliñouse que desde o ano 2024 a entidade logrou multiplicar por catro os seus ingresos, reforzando a súa capacidade financeira e permitindo incrementar a tesouraría para afrontar novos proxectos en 2026.

En canto á actividade desenvolvida durante 2025, destacouse que, por terceiro ano consecutivo, a Asociación mantivo a condición de Centro Comercial Aberto na área de comercio, impulsando ademais máis de dez campañas comerciais.

Por outra banda, na área do polígono industrial, explicouse que o Concello levou a cabo dúas actuacións relevantes: o arranxo dos viais da fase 1 e a mellora da iluminación na fase 2. Así mesmo, Vilalba pasou de non contar con financiamento da Xunta de Galicia para o mantemento do polígono a converterse no concello de Galicia con maior dotación nesta liña de subvencións. Este avance vén motivado pola consideración de Vilalba como Concello Emprendedor ou Concello Doing Business, unha iniciativa que marcou o punto de partida do Plan Estratéxico da Asociación.

De cara a 2026, a Asociación trasladou ao Concello diversas solicitudes clave para a mellora do polígono industrial, entre elas:

  • O acondicionamento do acceso desde a estrada nacional N-634 ata a rotonda do polígono
  • A solicitude de subvención para o asfaltado da entrada pola estrada de Lanzós
  • A mellora da iluminación na fase 1

Durante a Asemblea tamén se puxo de relevo a importancia de manter o polígono en condicións óptimas de limpeza, así como a necesidade de continuar avanzando no seu desenvolvemento.

Un dos proxectos máis relevantes presentados foi a instalación de 17 cámaras de seguridade, cuxa execución comezará nos próximos meses, tras varios meses de traballo previo por parte da Asociación.

Así mesmo, reiterouse a necesidade de ampliar o solo industrial, unha demanda histórica do tecido empresarial local. Neste sentido, a directiva lembrou que, na reunión mantida co Concello o pasado mes de xaneiro, a Asociación puxo á disposición da administración todos os seus recursos e persoal para colaborar no desbloqueo desta cuestión estratéxica.

Con estes resultados e liñas de actuación, a Asociación de Empresarios de Vilalba reforza o seu compromiso co desenvolvemento económico, a competitividade empresarial e a mellora continua do contorno industrial.

Noticias Recomendadas

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

Leer +
A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

Leer +
 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

Leer +
Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Leer +