A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba realizou este venres o primeiro sorteo da súa canle de difusión de WhatsApp, unha iniciativa posta en marcha para manter informada á cidadanía sobre campañas, promocións, novidades e actividades relacionadas co comercio local.

Este primeiro sorteo serviu para premiar a fidelidade das persoas que forman parte da canle, repartindo dous vales de compra de 100 euros para consumir nos establecementos do comercio local vilalbés. Os números premiados nesta ocasión foron anunciados pola mesma canle de Whatsapp e posteriormente informados de forma individual.

Este é o primeiro dunha serie de sorteos que se realizarán de forma periódica. De feito, o último venres de cada mes levarase a cabo un novo sorteo entre todas as persoas que formen parte da canle de WhatsApp, co obxectivo de incentivar o consumo de proximidade e recompensar a confianza dos consumidores que apostan polo comercio local.

A través desta canle, a Asociación de Empresarios de Vilalba busca crear unha vía de comunicación directa coa veciñanza, compartindo información de interese e ofrecendo vantaxes exclusivas ás persoas subscritas.

Desde a Asociación agradecen a boa acollida que está a ter esta iniciativa e animan a todas aquelas persoas que aínda non forman parte da canle a unirse para participar nos próximos sorteos e estar ao día de todas as campañas e actividades que se desenvolvan ao longo do ano.

Con accións como esta, a Asociación reafirma o seu compromiso coa dinamización económica de Vilalba e co apoio ao comercio de proximidade, un sector fundamental para a vida social e económica do municipio. 

Recorda que aínda estás a tempo de unirte a través do Código QR fixado na conta de instagram de @empresarios.vilalba ou enviando “comercio local” ao 628947918 

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +