A Asociación de Empresarios Sete Pontes celebra mañá a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Vilalba

A Asociación de Empresarios Sete Pontes celebra mañá a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Vilalba

A Asociación de Empresarios Sete Pontes celebrará mañá, xoves 19 de xuño, a súa Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no restaurante Montero, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda.

Este encontro, de especial relevancia para a entidade, servirá para facer balance do traballo desenvolvido nos últimos meses, así como para analizar os retos de futuro da asociación. A orde do día da asemblea será a seguinte:

  1. Benvida do presidente
  2. Estado e aprobación das contas anuais do ano 2024
  3. Modificación do logo e dos estatutos
  4. Actividades realizadas e obxectivos acadados dentro do plan estratéxico no ano 2024
  5. Orzamentos, plan de actuacións e pasos a seguir dentro do plan estratéxico para o ano 2025
  6. Rogos e preguntas
  7. Lectura, se procede, e aprobación da acta

A asociación convoca a todos os seus socios e socias coa vontade de facer balance dos dous primeiros anos de traballo da actual directiva, caracterizados por unha aposta firme pola dinamización do comercio local, a mellora do mantemento do polígono industrial e a planificación estratéxica a medio prazo.

Así mesmo, co obxectivo de fomentar a colaboración institucional e visibilizar o papel do empresariado local, tamén se convidou á asemblea aos representantes dos catro partidos políticos con representación no Concello de Vilalba.

Desde a Asociación de Empresarios Sete Pontes quérese poñer en valor o traballo conxunto como motor de desenvolvemento e progreso para a vila e a comarca.

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +