A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

A Asociación de Empresarios de Vilalba organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia e a través do Igape, un Obradoiro de Transformación Dixital; dirixido a empresas, cooperativa e profesionais do sector agroalimentario e forestal (producción, transformación, distribución, venda, servizos, loxística, etc), aberto a outros sectores interesados (automoción, formación,etc).

O obxetivo é identificar necesidades non cubertas en dixitalización e mellorar a competitividade dos sectores a través da integración de ferramentas dixitais avanzadas; automatización de procesos para mellorar a eficiencia, ciberseguridade e medidas de protección, uso da Intelixencia Artificial, entre outros.

A primeira sesión será o martes 20 de xaneiro ás 16:30h no local da Asociación de Empresarios e levaráse a cabo a inauguración do Obradoiro e presentación detallada do programa, así como unha presentación das axudas previstas para 2026 por personal propio do IGAPE.
As seguintes sesións serán o 27 de xaneiro e 3 e 10 de febreiro (as datas e horarios poderán variar adaptándose á dispoñibilidade dos participantes).

O número de prazas é limitado polo que é necesario rexistrarse no seguinte enlace: https://forms.gle/VcuH79TFneBWw5ih9
Máis información en contacto@empresariosvilalba.com ou 628 94 79 18.

Noticias Recomendadas

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Leer +
A Xunta de Galicia convoca as Subvencións de apoio ao emprendemento 2026 (TR880A)

A Xunta de Galicia convoca as Subvencións de apoio ao emprendemento 2026 (TR880A)

Leer +
Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Leer +
A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

Leer +
Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Leer +
Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Leer +