A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai “Cando sexas pai… xa o entenderás”, impulsada pola Asociación de Empresarios de Vilalba, pechouse cun balance moi positivo ao acadar arredor de 3.000 participacións ao longo dos case dez días de duración.

A iniciativa desenvolveuse entre o 12 e o 21 de marzo nos establecementos asociados, co obxectivo de dinamizar o comercio local e poñer en valor a importancia de apostar polos negocios de proximidade nas compras do día a día.

Durante a campaña, as persoas que realizaron compras nos comercios participantes recibiron participacións para entrar nun sorteo final en función do importe das súas compras, contribuíndo así a incentivar a actividade comercial no conxunto do municipio.

Sorteo dos premios

Unha vez finalizada a campaña, procedeuse á recollida e contabilización de todas as participacións, tras o cal se levou a cabo o sorteo dos dous premios anunciados previamente a través das redes sociais da asociación.

Nesta ocasión, a “man inocente” estivo presente nos establecementos O Rincón Encantado e Denais, onde se extraeron as papeletas co nome das persoas gañadoras.

As premiadas desta campaña foron Irene Díaz e Cristina Feijoó, que recibirán os vales “Saúde e Gastronomía” para o Spa Áttica 21 de Vilalba, unha experiencia que combina benestar e gastronomía.

Implicación do comercio e da veciñanza

Desde a Asociación de Empresarios de Vilalba quérese destacar a boa acollida da campaña e agradecer a implicación tanto dos comercios participantes como da veciñanza, que volveu responder de forma moi positiva a esta iniciativa.

Esta acción enmárcase dentro da programación anual do Centro Comercial Aberto, unha iniciativa da Xunta de Galicia para apoiar o Comercio Galego  e que continuará nos vindeiros meses con novas campañas orientadas a seguir apoiando e fortalecendo o comercio de proximidade.

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +