Novas bonificacións fiscais no Concello de Vilalba, aplicables aos impostos IBI e ICIO para o ano 2025.

Novas bonificacións fiscais no Concello de Vilalba, aplicables aos impostos IBI e ICIO para o ano 2025.

Vilalba, dende decembro de 2024, forma parte da Rede de Concellos Emprendedores de Galicia e estas son as bonificacións das que se poden beneficiar as empresas que fomenten novos postos de traballo. 

Resumo dos aspectos máis destacados:

Bonificacións no ICIO:

Bonificación de ata o 95% polo fomento do emprego, para obras en locais vinculados a actividades económicas:

  • 95% se se crean máis de 20 empregos
  • 75% se se crean entre 11 e 20 empregos
  • 50% se se crean ata 10 empregos

Os contratos deben ser indefinidos e directos (a tempo completo ou parcial, computando proporcionalmente) e manterse durante, como mínimo, tres anos desde a concesión da licenza de obra.

Bonificacións no IBI:

Por nova implantación ou ampliación de actividade económica con creación de emprego:

  • 95% se se crean máis de 20 empregos
  • 75% entre 11 e 20 empregos
  • 50% ata 10 empregos

Tamén neste caso, os contratos deben ser indefinidos e manterse durante tres anos.

Bonificación adicional no IBI:

As empresas que incorporen sistemas solares térmicos ou eléctricos homologados poderán beneficiarse dunha bonificación do 50% no IBI, sempre que se acade un aforro enerxético mínimo do 30% en enerxía primaria non renovable.

Para máis información, poden consultarse os documentos oficiais que regulan estas bonificacións, dispoñibles a través do correo electrónico:
contacto@poligonoseteopntes.com

Desde a Asociación de Empresarios do Polígono Sete Pontes, animamos a todas as empresas interesadas a informarse e valorar estas bonificacións, que poden supoñer un apoio importante para novos investimentos, ampliacións ou melloras en eficiencia enerxética.

Estamos á vosa disposición a través dos canles habituais de contacto para calquera dúbida.

Noticias Recomendadas

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

Leer +
A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

Leer +
 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

Leer +
Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Leer +