O Bono Activa Comercio arrinca este mércores con descontos de ata 30 euros

O Bono Activa Comercio arrinca este mércores con descontos de ata 30 euros

O programa Bono Activa Comercio 2025, impulsado pola Xunta de Galicia, estará dispoñible a partir deste mércores 4 de xuño cun investimento de 2,5 millóns de euros. 

Esta iniciativa busca dinamizar o consumo no comercio local mediante descontos directos nas compras. Desta maneira, as persoas interesadas poderán descargar un bono dixital de ata 30 euros, que se aplicará automaticamente ao realizar compras nos establecementos adheridos á campaña. Os descontos repartiranse do seguinte xeito:

  • Compras entre 20 e 30 euros → 5 euros de desconto
  • Compras entre 30 e 50 euros → 10 euros de desconto
  • Compras superiores a 50 euros → 15 euros de desconto

Para beneficiarse destes descontos, será preciso rexistrarse na web oficial www.bonosactivacomercio.gal ou na aplicación móbil do programa. Unha vez validado o rexistro mediante SMS, poderase descargar un código QR que haberá que presentar no momento do pago.

O bono descontarase ata acadar o límite de 30 euros por persoa. Como en edicións anteriores, prevese que se esgoten rapidamente debido á alta demanda polo que aconsellamos puntualidade na páxina de descarga para asegurar o teu bono. 

Consulta aquí os comercios nos que estará activo o bono comercio.

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida!

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +