O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

A Asociación de Empresarios de Vilalba pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai baixo o lema “Cando sexas pai… xa o entenderás”, unha iniciativa que comeza este xoves 12 de marzo e que se desenvolverá ata o 21 de marzo nos establecementos asociados do municipio.

A campaña parte dunha frase moi coñecida que moitas persoas escoitaron algunha vez: “Cando sexas pai… xa o entenderás”. A través desta idea, a asociación quere poñer en valor a transmisión de valores entre xeracións, entre eles un fundamental: apostar polo comercio local para realizar as compras do día a día.

Durante os días da campaña, as persoas que realicen compras nos comercios participantes recibirán participacións para entrar nun sorteo en función do importe da súa compra. Así, as compras de 10 a 49,99 euros recibirán unha participación, as de 50 a 99,99 euros dúas, e as de 100 euros ou máis tres participacións.

Entre todas as participacións recollidas sortearanse dous vales “Saúde e Gastronomía” para o Spa Áttica 21 de Vilalba, unha experiencia que combina benestar e gastronomía. As persoas gañadoras daranse a coñecer o 25 de marzo, unha vez finalizada a recollida de participacións.

Esta acción forma parte do programa de dinamización comercial que a Asociación de Empresarios de Vilalba desenvolve ao longo de todo o ano dentro da súa programación como Centro Comercial Aberto, co obxectivo de apoiar o comercio local e fomentar as compras nos establecementos de proximidade.

En concreto, trátase da terceira campaña que a entidade organiza no que vai de 2026, dentro dun calendario que contempla máis de dez accións promocionais ao longo do ano. A próxima cita desta programación será a Feira de Oportunidades, prevista para o mes de abril.

Todas estas iniciativas desenvólvense baixo o selo Comercio Galego, unha marca impulsada pola Xunta de Galicia para reforzar a identidade e a promoción do comercio de proximidade e apoiar a actividade dos Centros Comerciais Abertos de Galicia.

Noticias Recomendadas

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

Leer +
A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +