O Desfile do Comercio Local 2025  xa ten nova data: o 18 de outubro

O Desfile do Comercio Local 2025  xa ten nova data: o 18 de outubro

A Asociación de Empresarios de Vilalba confirma que o Desfile do Comercio Local se celebrará o sábado 18 de outubro de 2025 ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Carmen Estévez.

O cambio de data responde a cuestións organizativas co obxectivo de ofrecer un espectáculo de maior calidade, que permita lucir mellor as propostas das tendas participantes e garantir unha experiencia máis completa para o público asistente.

A directiva da Asociación subliña que xa se está traballando intensamente na preparación do evento, co fin de pechar unha escaleta dinámica que incluirá pases de moda, actuacións musicais e algunhas novidades que se irán desvelando nos vindeiros días.

O desfile converterase un ano máis no gran escaparate do comercio local, poñendo en valor o esforzo e a creatividade dos establecementos vilalbeses e reforzando a importancia de apoiar o consumo de proximidade.

“Queremos que o público goce, que os comercios teñan a mellor visibilidade posible e que o evento se consolide como unha cita imprescindible no calendario cultural e social de Vilalba”, sinalan dende a entidade.

Noticias Recomendadas

Volta ao Cole co comercio de Vilalba: compras con premio e cunha vertente social

Volta ao Cole co comercio de Vilalba: compras con premio e cunha vertente social

Leer +
O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

Leer +
A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +