O polígono de Vilalba mellorará a súa iluminación e os seus viais

O polígono de Vilalba mellorará a súa iluminación e os seus viais


A Asociación de Empresarios de Vilalba, clave na obtención de dúas subvencións para a mellora do polígono industrial

A Asociación de Empresarios de Vilalba amosa a súa satisfacción tras coñecerse que o Concello de Vilalba foi beneficiario de dúas subvencións concedidas pola Xunta de Galicia destinadas á mellora do parque empresarial. Trátase de dous proxectos enfocados á mellora dos viais e da iluminación.

Esta nova supón un paso importante para a posta en valor do polígono, que levaba varios anos sen actuacións relevantes de mantemento. Dende a chegada da nova directiva da Asociación, un dos principais obxectivos foi que o Concello lograse acceder ás subvencións da Xunta destinadas ao mantemento e conservación dos parques empresariais.

No segundo semestre de 2023 analizouse en profundidade a situación, identificando varios factores clave: entre eles, que Vilalba non formaba parte da Rede de Concellos Emprendedores (Doing Business), o que penalizaba notablemente a puntuación das súas solicitudes. Así mesmo, detectouse que, a pesar de poder presentar dous proxectos por anualidade, habitualmente só se presentaba un.

Grazas a un traballo conxunto entre a Asociación de Empresarios e o Concello, e ao consenso cos catro partidos políticos alcanzado en 2024 para adherir Vilalba á rede de concellos emprendedores, foi posible mellorar notablemente a puntuación na convocatoria de axudas. Tras acordar co Concello cales eran os proxectos máis necesarios e viables, por fin, despois de varios anos, conseguiuse financiamento para executar obras de mellora no parque empresarial de Vilalba.

Desde a Asociación queremos agradecer ao Concello a súa colaboración e coordinación para a execución dos proxectos, á Xunta de Galicia pola cofinanciación, e a todos os grupos políticos o respaldo unánime a estas iniciativas. Agardamos que este modelo de traballo se manteña nos vindeiros anos e que sigamos acadando os obxectivos marcados no noso plan estratéxico.

Noticias Recomendadas

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +