Oferta de emprego!

Oferta de emprego!

Buscamos un/unha profesional para o Departamento de Calidade, Medio Ambiente e SIG (Sistema Integrado de Xestión). 

Se es unha persoa comprometida coa mellora continua e a xestión da calidade, esta é a túa oportunidade para desenvolver a túa carreira nun entorno dinámico e en constante evolución.

Que ofrecemos?

  • Posto de traballo: Departamento de Calidade, Medio Ambiente e SIG
  • Tipo de contrato: Indefinido, xornada completa
  • Incorporación inmediata

Cal serán as túas funcións?

  • Supervisar e coordinar as tarefas de calidade nos proxectos.
  • Implementar e manter o Sistema de Xestión de Prevención, Calidade e Medio Ambiente conforme a normativa vixente.
  • Realizar auditorías internas e externas.
  • Avaliar provedores e garantir o seu cumprimento de estándares.
  • Monitorizar os indicadores de calidade e aplicar melloras cando sexa necesario.
  • Establecer e facer seguimento dos obxectivos de calidade.
  • Identificar e asegurar o cumprimento da lexislación aplicable.
  • Xestionar Non Conformidades e Accións Correctoras.
  • Propor melloras en servizos, procedementos e no sistema de xestión.

Que buscamos en ti?

  • Dispoñibilidade para viaxar tanto a nivel nacional como internacional.
  • Formación como auditor interno en normas ISO 9001, 14001 e 45001.
  • Nivel fluído de inglés, tanto escrito como falado.

Valoraremos positivamente:

  • Experiencia mínima de 2 anos nun posto similar no sector das enerxías renovables.
  • Residencia preto do lugar de traballo.

Se cumpres cos requisitos e queres formar parte, envíanos o  teu CV a contacto@empresariosvilalba.com e únete ao noso equipo.

¡Estamos agardando por ti!

Noticias Recomendadas

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Leer +
A Xunta de Galicia convoca as Subvencións de apoio ao emprendemento 2026 (TR880A)

A Xunta de Galicia convoca as Subvencións de apoio ao emprendemento 2026 (TR880A)

Leer +
Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Leer +
A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

Leer +
Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Leer +
Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Leer +