Nova orde de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para apoiar iniciativas de emprendemento

Nova orde de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para apoiar iniciativas de emprendemento

Aberto o prazo da convocatoria 2025 da Consellería de Emprego para apoiar novos proxectos empresariais en Galicia.

A Xunta de Galicia vén de anunciar a nova convocatoria de subvencións ao emprendemento 2025 (código TR880A), unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada a apoiar economicamente a persoas autónomas, pequenas empresas, cooperativas e sociedades laborais que iniciasen unha nova actividade económica na comunidade desde o 1 de xaneiro de 2023.

🗓 Inicio do prazo de solicitude: a partir do 21 de maio de 2025 (8º día natural tras a publicación no DOG do 13/05/2025) e ata o 30 de xuño de 2025, ou ata esgotar o crédito disponible.

📌 Tipo de subvención: en concorrencia non competitiva, o que significa que se concede por orde de entrada das solicitudes completas e correctas, sen baremo de puntos, ata esgotar fondos.

🟢 Quen pode acceder:

  • Entre outras, a condición clave é: Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.

🛠 Investimentos subvencionables (realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2024 e a data da solicitude):
• Equipamento informático (excepto móbiles)
• Software e activos intanxibles
• Eficiencia enerxética
• Bens de equipamento e mobiliario
• Reformas no local de negocio
• Gastos notariais e rexistrais (ata 300 €)
• Alugueiro de locais (ata 1.500 €)

💰 Importe da axuda:
• 55 % do investimento (de 5.000 € a 20.000 €)
• 50 % (de 20.001 € a 30.000 €)
• 45 % (de 30.001 € a 60.000 €)
+10 % adicional se o proxecto é unha remuda xeracional (Bono Remuda 2024 – TR353D)

💼 Orzamento total da convocatoria:
• 6.700.000 € (dos cales 6.000.000 € para investimentos e 700.000 € para gastos correntes)

📲 Bases, solicitude e tramitación: exclusivamente online en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR880A

Para máis información ou apoio na tramitación, as persoas interesadas poden contactar con nós por correo electrónico poligonosetepontes@gmail.com ou chamando ao 628 94 79 18. 

Noticias Recomendadas

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Leer +
A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

Leer +
Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Leer +
Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Leer +
Os comercios vilalbeses impulsan a súa innovación con máis de 60.000 € en axudas da Dirección Xeral de Comercio

Os comercios vilalbeses impulsan a súa innovación con máis de 60.000 € en axudas da Dirección Xeral de Comercio

Leer +
O Desfile do Comercio Local 2025  xa ten nova data: o 18 de outubro

O Desfile do Comercio Local 2025  xa ten nova data: o 18 de outubro

Leer +