Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o impulso da innovación e da sustentabilidade do comercio local e artesanal, correspondentes ao ano 2026 (procedemento CO300C)

Esta convocatoria ten como obxectivo apoiar aos comercios e talleres artesáns galegos na modernización dos seus establecementos, na dixitalización dos seus negocios e na implantación de medidas de sustentabilidade ambiental.

Quen pode beneficiarse?

  • Comercios minoristas con tenda física en Galicia (pemes de ata 10 persoas traballadoras).
  • Talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. (Unha única solicitude por establecemento.)

O prazo para presentar solicitudes ábrese o 16 de xaneiro de 2026 ás 9:00 horas e será dun mes ou ata esgotar o crédito dispoñible. Esta axuda concédese en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, por orde de entrada das solicitudes completas e correctas.

Serán subvencionables investimentos realizados e pagados desde o 25 de outubro de 2025, relacionados con:

  • Dixitalización e innovación (páxinas web, software de xestión, TPV, redes sociais, ciberseguridade, etc.).
  • Modernización comercial (reformas, mellora da imaxe do local, eficiencia enerxética, equipamento).
  • Sustentabilidade ambiental (embalaxes sostibles e redución do uso de plásticos).

Intensidade da axuda:

  • Ata o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
  • Incremento adicional do 10 % para comercios situados no ámbito do programa Vilas Vivas.
  • Investimento mínimo subvencionable: 1.000 €.
  • Posibilidade de solicitar un anticipo do 50 % da axuda en determinados casos.

A solicitude deberá presentarse exclusivamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento CO300C, neste enlace.

Desde a Asociación animamos ás persoas socias interesadas a revisar a orde con antelación e preparar a documentación necesaria, xa que a orde de presentación será determinante para a concesión da axuda.

Para calquera dúbida ou para recibir asesoramento individualizado, as persoas socias poden poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico contacto@empresariosvilalba.com ou chamando ao 628947918.

Noticias Recomendadas

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

Leer +
A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

Leer +
 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

Leer +
Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Leer +