Unha aposta firme polo futuro do pequeno comercio galego

Unha aposta firme polo futuro do pequeno comercio galego


Un plan con 74 accións estratéxicas para reforzar a competitividade, a visibilidade e a dixitalización do comercio local galego.

A Asociación de Empresarios Sete Pontes asistiu este mércores 3 de abril á presentación do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de modernizar, visibilizar e mellorar a competitividade do pequeno comercio na nosa comunidade. 

Gabriel Alén foi o encargado de detallar as liñas mestras deste plan, que contempla un total de 74 accións específicas dirixidas a comercios, asociacións e Concellos.

O Plan busca «blindar a competitividade e o futuro» do comercio, apostando por medidas que garantan a súa sustentabilidade, fortalezan a súa visibilidade e dinamicen a súa actividade, ademais de reforzar a súa presenza no ámbito dixital. Entre as iniciativas máis destacadas atópanse a creación dunha marca unificada do comercio galego que contribúa a proxectar o valor, a calidade e a atención próxima que definen este sector.

Neste contexto, a Asociación de Empresarios Sete Pontes deu un paso adiante ao presentar, o pasado mes de marzo, a súa solicitude para obter por segundo ano consecutivo a consideración de Centro Comercial Aberto. Esta figura permitiría acceder a financiamento para desenvolver diversas actividades de dinamización do comercio local ao longo do ano.

Entre as campañas previstas para este 2025 destacan a Feira de Oportunidades que terá lugar os días 12 e 13 de abril na Praza da Constitución, Campaña do Día da Nai, Volta ao cole, Desfile de outono, entre outras.

Este novo Plan Estratéxico representa unha folla de ruta ilusionante para os próximos cinco anos, e a Asociación de Empresarios Sete Pontes súmase a esta iniciativa co firme compromiso de seguir impulsando o comercio de proximidade como motor económico e social do noso entorno.

Noticias Recomendadas

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

O Comercio na Rúa volve a Vilalba para preparar as Festas de San Ramón e Santa María

Leer +
A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

A campaña «Marcho que teño que marchar» supera as 5.400 participacións e xa ten gañadoras dos dous vales de 500 euros

Leer +
Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Axudas de ata 42.000 euros para impulsar o emprendemento feminino

Leer +
 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

 A campaña de verán “Marcho que teño que marchar” repartirá 2 vales de 500€ no comercio vilalbés 

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra o primeiro sorteo da súa canle de WhatsApp

Leer +
A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +