Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Este martes 28 de outubro publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio de licitación das parcelas resultantes da ampliación de Entrepinares, no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba.

Trátase de seis parcelas con distintas superficies, que saen novamente a poxa tras non ser adxudicadas en convocatorias anteriores, a pesar de existir varios interesados. O prazo para a presentación de ofertas estará aberto ata o 1 de decembro de 2025 ás 23:59 horas.

“Agardamos que desta volta vaia para adiante, que as adxudicacións saian rápido e que os propietarios constrúan canto antes”, declarou o presidente da Asociación de Empresarios, Moisés Carballeira, quen lembrou que o desenvolvemento completo do polígono é clave para o crecemento económico e industrial de Vilalba.

Desde a Asociación de Empresarios ofrécese apoio a calquera socio ou empresa interesada en participar no proceso de licitación, facilitando información.

Datos de interese:
• 📄 Documento de pregos: https://contrataciondelestado.es/FileSystem/servlet/GetDocumentByIdServlet?cifrado=QUC1GjXXSiLkydRHJBmbpw%3D%3D&DocumentIdParam=sphBMu4Jj3M7dL6uF/PCM5ezAYGhpGHg1uNcOE5PO1QB5F1qrjhgm9DIq1CUw2XEDVW6qrggyJNkAXDEuPuwcHbiVhUi1OOh4bPOHuRwrFXVTD3T98KC0nSgQFM0q%2B5s
• 🗂️ Prego de bases que rexerá o concurso: https://contrataciondelestado.es/FileSystem/servlet/GetDocumentByIdServlet?DocumentIdParam=ly3K8SG28wq9X2OjanFGjLJSCGFwYQbOEIZ6%2B3HFv26hFPgiitsTcAAAkQGjc5O6Yypw5OZhmgFgPif9sRfwBzMkVP78LhBLEV/HnOFzHoXDdQD9RyhUmzT4jZ2In4zL&cifrado=QUC1GjXXSiLkydRHJBmbpw%3D%3D

Noticias Recomendadas

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

A Feira de Oportunidades de Vilalba pecha cunha alta participación e consolídase como cita chave do comercio local vilalbés 

Leer +
Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Vilalba acolle unha nova edición da “Feira de Oportunidades” para dinamizar o comercio local

Leer +
A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba celebra a súa Asemblea Xeral con resultados económicos positivos e novos proxectos para 2026

Leer +
A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

A campaña do Día do Pai impulsa o comercio local de Vilalba con arredor de 3.000 participacións

Leer +
 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

 O comercio local de Vilalba impulsa unha nova campaña do Día do Pai

Leer +
Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Aberta a convocatoria de Axudas LEADER 2026 para investimentos empresariais

Leer +