Unha aposta firme polo futuro do pequeno comercio galego

Unha aposta firme polo futuro do pequeno comercio galego


Un plan con 74 accións estratéxicas para reforzar a competitividade, a visibilidade e a dixitalización do comercio local galego.

A Asociación de Empresarios Sete Pontes asistiu este mércores 3 de abril á presentación do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de modernizar, visibilizar e mellorar a competitividade do pequeno comercio na nosa comunidade. 

Gabriel Alén foi o encargado de detallar as liñas mestras deste plan, que contempla un total de 74 accións específicas dirixidas a comercios, asociacións e Concellos.

O Plan busca «blindar a competitividade e o futuro» do comercio, apostando por medidas que garantan a súa sustentabilidade, fortalezan a súa visibilidade e dinamicen a súa actividade, ademais de reforzar a súa presenza no ámbito dixital. Entre as iniciativas máis destacadas atópanse a creación dunha marca unificada do comercio galego que contribúa a proxectar o valor, a calidade e a atención próxima que definen este sector.

Neste contexto, a Asociación de Empresarios Sete Pontes deu un paso adiante ao presentar, o pasado mes de marzo, a súa solicitude para obter por segundo ano consecutivo a consideración de Centro Comercial Aberto. Esta figura permitiría acceder a financiamento para desenvolver diversas actividades de dinamización do comercio local ao longo do ano.

Entre as campañas previstas para este 2025 destacan a Feira de Oportunidades que terá lugar os días 12 e 13 de abril na Praza da Constitución, Campaña do Día da Nai, Volta ao cole, Desfile de outono, entre outras.

Este novo Plan Estratéxico representa unha folla de ruta ilusionante para os próximos cinco anos, e a Asociación de Empresarios Sete Pontes súmase a esta iniciativa co firme compromiso de seguir impulsando o comercio de proximidade como motor económico e social do noso entorno.

Noticias Recomendadas

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Peche final da campaña de nadal con máis de 4.000 participacións 

Leer +
A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

A Asociación de Vilalba organiza un obradoiro de transformación dixital para empresas

Leer +
Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Publicada a orde de axudas CO300C do comercio local

Leer +
Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Sae a poxa das parcelas da ampliación de Entrepinares no polígono Sete Pontes de Vilalba

Leer +
Os comercios vilalbeses impulsan a súa innovación con máis de 60.000 € en axudas da Dirección Xeral de Comercio

Os comercios vilalbeses impulsan a súa innovación con máis de 60.000 € en axudas da Dirección Xeral de Comercio

Leer +
O Desfile do Comercio Local 2025  xa ten nova data: o 18 de outubro

O Desfile do Comercio Local 2025  xa ten nova data: o 18 de outubro

Leer +