A Asociación de Empresarios de Vilalba organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades, unha das campañas de dinamización comercial xa consolidadas no municipio, que se celebrará os vindeiros sábado 11 e domingo 12 de abril na Praza da Constitución.
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades do Centro Comercial Aberto de Vilalba para o ano 2026, co obxectivo de impulsar o consumo no comercio de proximidade, atraer visitantes e ofrecer experiencias de compra atractivas e accesibles para toda a cidadanía.
Durante a fin de semana, un total de 16 establecementos asociados sacarán os seus produtos á rúa en formato outlet, ofrecendo artigos con descontos especiais nunha ampla variedade de sectores: moda infantil e de adulto, calzado, librarías e comercio téxtil en xeral, entre outros.
O evento contará cun horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, facilitando así a asistencia do público durante toda a xornada.
Ademais da oferta comercial, a Feira de Oportunidades incluirá actividades complementarias dirixidas a dinamizar o espazo urbano e mellorar a experiencia de compra, entre as que destacan:
● Servizo de ludoteca infantil, pensado para favorecer a conciliación familiar durante a visita.
● Sorteos e promocións vinculadas ás compras realizadas.
A campaña está organizada pola Asociación de Empresarios de Vilalba, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e do Concello de Vilalba.






